Ir ao contido
8 de decembro de 2025

Nota informativa á militancia e seguidores

Estimadas/os compañeiras/os:

Estimadas/os compañeiras/os:

O Partido Galeguista comunica a súa reactivación e reorganización interna, conforme á decisión adoptada pola Presidencia e os novos órganos de dirección, en cumprimento dos nosos Estatutos.

1. Cambio na Coordinación Xeral

Informamos que, a petición propia, o anterior Coordinador Xeral cesou no cargo en data anterior, conforme ao Artigo 18.4 dos Estatutos:

"Os cargos orgánicos poderán renunciar voluntariamente mediante comunicación escrita á Presidencia ou ao órgano directivo competente, producindo efectos desde a súa aceptación e inscrición en acta."

O novo Coordinador Xeral, D. José Gregorio González Pérez asumiu o cargo con data 8/12/2025, en aplicación do Artigo 12.4 e Artigo 19.1, que permiten ao Presidente nomear provisoriamente ao Coordinador Xeral en situación extraordinaria.

2. Nova Directiva Provisional

Conforme ao Artigo 12.3:

"En caso de vacante, disolución ou inactividade do órgano directivo, o Presidente poderá constituír unha Directiva provisional para garantir a continuidade legal e operativa do Partido."

A Directiva provisional quedou constituída para garantir a organización e continuidade do partido, e está formada por Xesús Manuel Suárez García como Presidente, José Gregorio González Pérez como Coordinador Nacional e Antonio Dieter, Miguel Antonio Piñeiro Moure e Antonio Dieter Moure Areán.

O primeiro labor desta Directiva será regularizar a estrutura e os rexistros do Partido, tendo en conta que non consta a existencia de rexistros, libros de contas e outra documentación pertinente do partido, que se lle teñen reclamado ao anterior Coordenador Nacional, sin que este os teña facilitado.

Xesús Manuel Suárez García.

Presidente. Partido Galeguista

Compartir en Facebook Compartir en X WhatsApp

Máis novas

Instala a app do PGAcceso directo no móbil ou no PC
Instalar no iPhone/iPad

Prema o botón Compartir ⎋ de Safari e despois «Engadir á pantalla de inicio».