Ir ao contido
Desde 1931 · Saúde e Terra

Partido Galeguista

Unha forza política propia, progresista no social e moderada no económico, para situar Galicia entre os pobos máis desenvolvidos de Europa.

Partido Galeguista
0anos de historia
1916Irmandades da Fala
1936Estatuto
Galicia primeiroOrgullo de paísRealismo e diálogoSaúde e TerraCastelao, Primeiro Presidente de GaliciaXuntos sumamosGalicia primeiroOrgullo de paísRealismo e diálogoSaúde e TerraCastelao, Primeiro Presidente de GaliciaXuntos sumamos
Xesús Manuel Suárez García, presidente do Partido Galeguista
Quen somos

Galicia como pobo, país e nación

Non se pode falar da Galicia política sen falar do Partido Galeguista.

O Partido Galeguista é a consecuencia de xuntar a suma de vontades daquelas xeracións que conforman primeiramente as Irmandades da Fala no ano 1916, para precisamente dar paso á fundación do Partido Galeguista. Aconteceu o mesmo coa centenaria Xeración Nós e cos persoeiros que a conformaban, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Antón Losada Dieguez, coa colaboración de Castelao e Ramón Cabanillas. Todos eles formarían parte do PG, salvo Antón Losada Diéguez que falecera en outubro do 1929. É pois, máis que evidente que non se pode falar da Galicia política como pobo, país ou nación, sen falar do Partido Galeguista; e debe ser igual de evidente que ao falar da Nosa Terra e do PG, temos obrigatoriamente o sagrado deber de lembrarnos daquelas mulleres e homes que loitaron por unha Galicia mellor, dando incluso moitos deles as súas vidas, entre outros moitos Alexandro Bóveda, Anxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Johan Carballeira ou Francisco García Moldes. Todos eles xunto con moitos máis, conforman o exercito da Santa Compaña dos Mártires Galegos que os galegos e galegas non deberíamos esquecer xamáis. O PG estivo conformado dende a súa formulación por persoas de distintos sentimentos, pero que todos eles foron quenes de antepoñer os intereses de Galicia, por riba dos sentimentos ou sensibilidades ideolóxicos de cada quen.

O Partido Galeguista é unha organización política de mulleres e homes que teñen por obxectivo erguer a Galicia até situala cos pobos europeos máis desenvolvidos. Declaramos a nosa vontade de participar e colaborar nas actividades políticas galegas do Estado e de Europa, para axudarnos á mellor gobernación posibel de Galicia, de España e da Comunidade Europea, no marco do Estatuto da Nacionalidade Histórica de Galicia e dos marcos Constitucionais que, tanto no presente coma no futuro, conten co respaldo democrático dos cidadáns e dos poderes galegos como normas básicas que garanten o noso dereito a decidir o noso futuro, esta é unha xustificación senlleira da razón de ser do PG. Temos como plena certeza que unha boa parte da sociedade galega demanda, hoxe máis ca onte, unha forza política que sexa quén de xunguir distintos sentimentos en favor do desenrolo da vida das nosas xentes. Unha forza política que entenda e faga seu aquelo de que o “sentido común e o menos común dos sentidos”, pero que a pesar delo aposte “polo sentido común”.

O PG sitúase na centralidade política, porque só dende esa auténtica posición se pode traballar nun programa moderado no eido económico e progresista no eido social, dous vértices dunha mesma política que ben se pode identificar nunha expresión, somos unha forza progresista ao tempo que moderada e centrada. Por qué non temos os galegos un sistema político maduro e normalizado con varias opcións propias, como ocorre en Catalunya, Euskadi ou mesmo en Canarias? A resposta está no Partido Galeguista, que temos a responsabilidade de ser a organización que aglutine tendencias, sentimentos e esforzos que permitan configurar xa o cuarto grande partido en Galicia. O cuarto partido de hoxe que terá aspiracións evidentes para chegar nun futuro próximo a ser a forza principal de Galicia (que debeu de haber sido, como o PNV em Euskadi).

É absolutamente necesario que o PG asuma a responsabilidade de liderar o proceso para a constitución dunha nova alternativa que sume a todos os que estamos nesta comunión de ideas e proxectos, sobre a base de contruirmos xuntos unha cada universal da galeguidade para por de relevo a personalidade de Galicia como pobo distinto, a súa conciencia colectiva e poder conseguir así cotas importantes de progreso e benestar para os nosos cidadáns.

Memoria galeguista

Un século ao servizo de Galicia

1916

Nacen as Irmandades da Fala, xermolo do galeguismo político.

1931

Fúndase o Partido Galeguista coa Xeración Nós, Castelao e Cabanillas.

1936

O pobo galego plebiscita o Estatuto de Autonomía impulsado polo PG.

1944

Castelao preside en Bos Aires o Consello de Galiza.

Hoxe

O PG renace para ser o motor dunha forza galeguista transversal.

Saúda do Presidente

Orgullo de país e realismo

Cada pobo tén os seus momentos nos que se abren xanelas de oportunidade. Galicia está nun deses momentos.

Temos que asumir aquí e agora a nosa responsabilidade con orgullo de país e realismo. Ter orgullo de país significa mirar pra adiante, non pra os lados, xerar proxeutos propios, non subsidiarios doutros, colocar a Galicia no lugar que lle corresponde en Europa e no mundo, con tanta liberdade como responsabilidade. Traballar con realismo significa renunciar a dogmatismos, rixideces e proclamas doutrinarias, e traballar ó rente do chan, cunha idea cabal do país que temos e do que queremos e podemos construír, abertos ó diálogo con tódolos sectores da poboación sen esclusión.

O Partido Galeguista renace agora pra ser o motor que remova a vida social e política desta terra, que abra novos camiños que lle devolvan a Galicia o seu protagonismo como país. Queremos que o eleitorado galego deixe de votar a uns e outros como mal menor e se entusiasme cunha forza política propia na que confía sen reservas.

Estamos definitivamente orgullosos dos que nos precederon neste partido e queremos poñer en valor a súa tradición tanto de compromiso innegociable con Galicia como de inconformismo, e dende este inconformismo invitamos a tódolos galegos a construír connosco un futuro renovado prá próusima xeración.

X
Xesús Manuel Suárez GarcíaPresidente do Partido Galeguista · 3 de xullo de 2025
Actualidade

Últimas novas

Ver todas →

Nota informativa á militancia e seguidores

Estimadas/os compañeiras/os: O Partido Galeguista comunica a súa reactivación e reorganización interna, conforme á decisión adoptada pola Presidencia e os novos órganos de dirección, en cumprimento dos nosos Estatutos. 1. Cambio na Coordinación Xeral Informamos que, a petición propia, o anterior…

Ler máis →

94 anos do PG

Hai 94 anos persoas e organizacións de moi diversa orixe xuntáronse pra constituír o Partido Galeguista, unha forza imprescindible pra dar …

Ler máis →

Comunicado do Partido Galeguista diante da vaga de incendios

O ceo de media Galicia tinguiuse de marrón, as nosas árbores esvaéronlle nunha tolemia de lume e os nosos soutos, fragas e outeiros esfrang…

Ler máis →

Castelao o Primeiro Presidente de Galicia

Intervención de D. Xesús Manuel Suárez García (Presidente do PG) O Partido Galeguista e as entidades da emigración de Buenos Aires (Federa…

Ler máis →

15 de novembro do 2024. Acto de Castelao. Parlamento

Agradezo a presenza de tódalas autoridades e persoeiros. Pra min todos vostedes son persoeiros e doulles o mesmo recoñecemento a todos, per…

Ler máis →

Renovación do Plan Xeral de Normalización da Lingua. Aportacións do Partido Galeguista

Cando falamos de “normalización”, estamos a recoñecer que hai algo que non está como debera e que hai que recolocalo nunha situación de nor…

Ler máis →
Afiliación

Constrúe Galicia connosco

Súmate ao proxecto galeguista. A túa voz e o teu voto contan na toma de decisións do partido.

  • Dereito a voz e voto nas asembleas e congresos do partido.
  • Área persoal con carné virtual, avisos, documentación e convocatorias.
  • Participación nas agrupacións locais e nos grupos de traballo.
  • Cotas transparentes mediante transferencia ou ingreso bancario, con recibo para a declaración da renda.

Xa es afiliado/a? Accede á túa área

Solicitude de afiliación

Recibirá por correo o documento de pago da primeira cota co importe e os datos bancarios.

Contacto

Falamos?

Escríbenos para calquera consulta, proposta ou para colaborar co partido.

⌂SedeOurense, 32005 Ourense, Ourense
✆Teléfono
◷HorarioLuns a venres: 9:00–14:00 e 16:00–20:00 · Fins de semana: pechado

Envíanos unha mensaxe

Instala a app do PGAcceso directo no móbil ou no PC
Instalar no iPhone/iPad

Prema o botón Compartir ⎋ de Safari e despois «Engadir á pantalla de inicio».