Sobre Nós

Xuntos AvanzamosMelloramosFacemos País

Forma parte do partido galeguista. e cambia a historia de Galicia. Xuntos podemos sumar a forza necesaria para facer de Galicia unha terra de futuro para todos.

A nosa historia

O Partido Galeguista é a consecuencia de xuntar a suma de vontades daquelas xeracións que conforman primeiramente as Irmandades da Fala no ano 1916, para precisamente dar paso á fundación do Partido Galeguista. Aconteceu o mesmo coa centenaria Xeración Nós e cos persoeiros que a conformaban, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Antón Losada Dieguez, coa colaboración de Castelao e Ramón Cabanillas. Todos eles formarían parte do PG, salvo  Antón Losada Diéguez que falecera en outubro do 1929. É pois, máis que evidente que non se pode falar da Galicia política como pobo, país ou nación, sen falar do Partido Galeguista; e debe ser igual de evidente que ao falar da Nosa Terra e do PG, temos obrigatoriamente o sagrado deber de lembrarnos daquelas mulleres e homes que loitaron por unha Galicia mellor, dando incluso moitos deles as súas vidas, entre outros moitos Alexandro Bóveda, Anxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Johan Carballeira ou Francisco García Moldes. Todos eles xunto con moitos máis, conforman o exercito da Santa Compaña dos Mártires Galegos que os galegos e galegas non deberíamos esquecer xamáis. O PG estivo conformado dende a súa formulación por persoas de distintos sentimentos, pero que todos eles foron quenes de antepoñer os intereses de Galicia, por riba dos sentimentos ou sensibilidades ideolóxicos de cada quen.

O Partido Galeguista é unha organización política de mulleres e homes que teñen por obxectivo erguer a Galicia até situala cos pobos europeos máis desenvolvidos. Declaramos a nosa vontade de participar e colaborar nas actividades políticas galegas do Estado e de Europa, para axudarnos á mellor gobernación posibel de Galicia, de España e da Comunidade Europea, no marco do Estatuto da Nacionalidade Histórica de Galicia e dos marcos Constitucionais que, tanto no presente coma no futuro, conten co respaldo democrático dos cidadáns e dos poderes galegos como normas básicas que garanten o noso dereito a decidir o noso futuro, esta é unha xustificación senlleira da razón de ser do PG. Temos como plena certeza que unha boa parte da sociedade galega demanda, hoxe máis ca onte, unha forza política que sexa quén de xunguir distintos sentimentos en favor do desenrolo da vida das nosas xentes. Unha forza política que entenda e faga seu aquelo de que o “sentido común e o menos común dos sentidos”, pero que a pesar delo aposte “polo sentido común”.

O PG sitúase na centralidade política, porque só dende esa auténtica posición se pode traballar nun programa moderado no eido económico e progresista no eido social, dous vértices dunha mesma política que ben se pode identificar nunha expresión, somos unha forza progresista ao tempo que moderada e centrada. Por qué non temos os galegos un sistema político maduro e normalizado con varias opcións propias, como ocorre en Catalunya, Euskadi ou mesmo en Canarias? A resposta está no Partido Galeguista, que temos a responsabilidade de ser a organización que aglutine tendencias, sentimentos e esforzos que permitan configurar xa o cuarto grande partido en Galicia. O cuarto partido de hoxe que terá aspiracións evidentes para chegar nun futuro próximo a ser a forza principal de Galicia (que debeu de haber sido, como o PNV em Euskadi).
É absolutamente necesario que o PG asuma a responsabilidade de liderar o proceso para a constitución dunha nova alternativa que sume a todos os que estamos nesta comunión de ideas e proxectos, sobre a base de contruirmos xuntos unha cada universal da galeguidade para por de relevo a personalidade de Galicia como pobo distinto, a súa conciencia colectiva e poder conseguir así cotas importantes de progreso e benestar para os nosos cidadáns.

En pleno desenvolvemento…

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de navegación e analizar a actividade do sitio. Podes aceptar todas as cookies ou configurar as túas preferencias. View more
Aceptar
Rechazar