
Cada pobo tén os seus momentos nos que se abren xanelas de oportunidade. Galicia está nun deses momentos.
Temos que asumir aquí e agora a nosa responsabilidade con orgullo de país e realismo. Ter orgullo de país significa mirar pra adiante, non pra os lados, xerar proxeutos propios, non subsidiarios doutros, colocar a Galicia no lugar que lle corresponde en Europa e no mundo, con tanta liberdade como responsabilidade. Traballar con realismo significa renunciar a dogmatismos, rixideces e proclamas doutrinarias, e traballar ó rente do chan, cunha idea cabal do país que temos e do que queremos e podemos construír, abertos ó diálogo con tódolos sectores da poboación sen esclusión.
O Partido Galeguista renace agora pra ser o motor que remova a vida social e política desta terra, que abra novos camiños que lle devolvan a Galicia o seu protagonismo como país. Queremos que o eleitorado galego deixe de votar a uns e outros como mal menor e se entusiasme cunha forza política propia na que confía sen reservas.
Estamos definitivamente orgullosos dos que nos precederon neste partido e queremos poñer en valor a súa tradición tanto de compromiso innegociable con Galicia como de inconformismo, e dende este inconformismo invitamos a tódolos galegos a construír connosco un futuro renovado prá próusima xeración.
3 de xullo do 2025
Xesús Manuel Suárez García