Estimadas/os compañeiras/os:
O Partido Galeguista comunica a súa reactivación e reorganización interna, conforme á decisión adoptada pola Presidencia e os novos órganos de dirección, en cumprimento dos nosos Estatutos.
1. Cambio na Coordinación Xeral
Informamos que, a petición propia, o anterior Coordinador Xeral cesou no cargo en data anterior, conforme ao Artigo 18.4 dos Estatutos:
“Os cargos orgánicos poderán renunciar voluntariamente mediante comunicación escrita á Presidencia ou ao órgano directivo competente, producindo efectos desde a súa aceptación e inscrición en acta.”
O novo Coordinador Xeral, D. José Gregorio González Pérez asumiu o cargo con data 8/12/2025, en aplicación do Artigo 12.4 e Artigo 19.1, que permiten ao Presidente nomear provisoriamente ao Coordinador Xeral en situación extraordinaria.
2. Nova Directiva Provisional
Conforme ao Artigo 12.3:
“En caso de vacante, disolución ou inactividade do órgano directivo, o Presidente poderá constituír unha Directiva provisional para garantir a continuidade legal e operativa do Partido.”
A Directiva provisional quedou constituída para garantir a organización e continuidade do partido, e está formada por Xesús Manuel Suárez García como Presidente, José Gregorio González Pérez como Coordinador Nacional e Antonio Dieter, Miguel Antonio Piñeiro Moure e Antonio Dieter Moure Areán.
O primeiro labor desta Directiva será regularizar a estrutura e os rexistros do Partido, tendo en conta que non consta a existencia de rexistros, libros de contas e outra documentación pertinente do partido, que se lle teñen reclamado ao anterior Coordenador Nacional, sin que este os teña facilitado.
Xesús Manuel Suárez García.
Presidente. Partido Galeguista



Sen comentarios