Hai 94 anos persoas e organizacións de moi diversa orixe xuntáronse pra constituír o Partido Galeguista, unha forza imprescindible pra dar recoñecemento político á realidade nacional galega.
Mirar pra atrás non debe servir prá nostalxia, senón pra aprender do pasado e conformar un mellor futuro.
Os que se xuntaron naquela data fixérono dende a xenerosidade e a capacidade de tender pontes enter os diferentes pra identificar o común. Este é o reto que hoxe temos por diante, nun intre no que seguen a proliferar diferentes propostas que xeran máis minifundio político e limitan a capacidade de conformar unha forza galeguista transversal propia.
Aqueles galeguistas foron antes ca nada inconformistas, pero tamén pragmáticos. Do mesmo xeito hoxe temos que ser fondamente inconformistas ca realidade política presente e ó mesmo tempo ser quén de construír con sentidiño, cos máis elevados ouxetivos, pero os máis atemperados instrumentos.
Deles tamén temos que aprender que, en palabras de Castelao, “o verdadeiro heroísmo consiste en transformar desexos en realidades, e as ideas en feitos”. Convidamos a tódolos galeguistas a que fagan a súa aportación pra poñer no seu sitio ao Partido Galeguista que o país precisa.



Sen comentarios