{"id":44,"date":"2025-07-01T12:56:49","date_gmt":"2025-07-01T12:56:49","guid":{"rendered":"https:\/\/partidogaleguista.org\/?p=44"},"modified":"2025-07-04T08:03:28","modified_gmt":"2025-07-04T08:03:28","slug":"15-de-novembro-do-2024-acto-de-castelao-parlamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/2025\/07\/01\/15-de-novembro-do-2024-acto-de-castelao-parlamento\/","title":{"rendered":"15 de novembro do 2024. Acto de Castelao. Parlamento"},"content":{"rendered":"\n<p>Agradezo a presenza de t\u00f3dalas autoridades e persoeiros. Pra min todos vostedes son persoeiros e doulles o mesmo reco\u00f1ecemento a todos, pero perm\u00edtanme amosar o meu especial aprezo a I\u00f1aki Anasagasti, que foi voceiro do PNV no Congreso e viaxou dende lonxe pra traer a solidariedade do pobo vasco, e nesta mesma li\u00f1a aprezo a presenza dos c\u00f3nsules de Uruguai, Arxentina e Cuba. Pero moi sinaladamente quero reco\u00f1ecer \u00e1 Galicia do esterior e \u00e1s s\u00faas instituci\u00f3ns, que acompa\u00f1aron ombreiro con ombreiro ao Partido Galeguista nesta angueira que botou dous anos pra conseguir a realizaci\u00f3n deste acto; non te\u00f1o tempo de nomear polo mi\u00fado a esas instituci\u00f3ns, pero est\u00e1n no escrito que no seu d\u00eda remitimos \u00e1 presidencia do Parlamento propo\u00f1endo esta celebraci\u00f3n. Esas instituci\u00f3ns non poden estar hoxe eiqu\u00ed presentes i esa \u00e9 a raz\u00f3n pola que o noso Francisco L\u00f3pez Franco, \u201cChesqui\u201d, est\u00e1 hoxe en Bos Aires pra celebrar con eles o aniversario do Consello de Galicia. Reco\u00f1ezo finalmente a receptividade e o compromiso inquebrantable do Sr. Santalices pra levar \u00e1 realidade este acto.<\/p>\n\n\n\n<p>No xornada de memoria do nascemento de Castelao que organizou o P. Galeguista o 30 de xaneiro do 2022, o anterior presidente de Galicia, o Sr. N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, dixo: \u201cEu non ser\u00eda presidente de Galicia se non fose por Castelao\u201d. Foi un reco\u00f1ecemento natural; i \u00e9 igoalmente natural que todos vostedes, persoeiros e representantes pol\u00edticos de Galicia, reco\u00f1ezan o mesmo porque sen Castelao non haber\u00eda Xunta nin Parlamento. Por eso non te\u00f1o d\u00fabida de que, se o Sr. Feij\u00f3o seguise sendo presidente de Galicia, hoxe estar\u00eda eiqu\u00ed en coherencia co seu rol institucional.<\/p>\n\n\n\n<p>Castelao abreu o cami\u00f1o pra traducir pol\u00edticamente a nosa identidade como pobo, unha identidade que \u00e9 unha riqueza pra t\u00f3dolos galegos sen distinci\u00f3n, como resaltaba naquela mesma data o presidente do Parlamento.<\/p>\n\n\n\n<p>A esa transversalidade quero apelar: pensamos diferente, temos modelos de pa\u00eds diferentes, pero temos unha responsabilidade compartida co pa\u00eds galego que non podemos delegar en ningu\u00e9n. E logo, sendo diferentes como somos, \u00bfnon temos alg\u00fan anaco de cami\u00f1o com\u00fan que percorrer? \u00bfNon hai ning\u00fan entorno por pequeno que sexa no que poidamos turrar do mesmo lado? Tent\u00e9molo. F\u00e1golles algunhas propostas.<\/p>\n\n\n\n<p>Empecemos por Castelao. Se estamos eiqu\u00ed \u00e9 porque todos coincidimos en que \u00e9 a s\u00f3lida referenza do noso autogoberno. Non \u00e9 unha momia a que queiramos beatificar. Beatificalo ser\u00eda enterralo por segunda vez \u00a1Castelao segue vivo! A s\u00faa mensaxe segue viva. A Castelao non hai que subilo aos altares, hai que ler i escoitar a s\u00faa mensaxe pol\u00edtica, porque ela deu lugar \u00f3 xurdimento das instituci\u00f3ns nas que vostedes traballan cada d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cHai homes \u2013di Castelao\u2013 que [\u2026] so\u00f1an con triunfar dispois de mortos, convert\u00edndose en estatuas [\u2026] non se decatan de que o verdadeiro hero\u00edsmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos.\u201d Non percisamos estatuas, percisamos realidades pol\u00edticas. Esas realidades hai que construilas con convici\u00f3n e orgulo de pa\u00eds. Castelao \u00e9 certeiro: \u201cGaliza s\u00f3io merecer\u00e1 respeito cando abandonemos a nosa mansedume\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Traio eiqu\u00ed as mi\u00f1as palabras no mesmo acto do 2022:<br>\u201cO reco\u00f1ecemento pol\u00edtico da nosa identidade como pobo diferenciado non \u00e9 unha xenerosa concesi\u00f3n do estado espa\u00f1ol, \u00e9 a plasmaci\u00f3n natural da nosa identidade nacional. Non somos naci\u00f3n porque o reco\u00f1eza a constituci\u00f3n espa\u00f1ola, a constituci\u00f3n espa\u00f1ola reco\u00f1ece a Galicia porque somos naci\u00f3n.\u201d<\/p>\n\n\n\n<p>Temos unha identidade que non \u00e9 subsidiaria de ningunha outra, i eso debe traducirse na forma en que facemos pol\u00edtica, po\u00f1endo a Galicia en todo por diante e ocupando o espazo que nos corresponde na Pen\u00ednsula, na Uni\u00f3n Europea e no mundo, e fac\u00e9ndoo sen fachendosidade pero sen complexo de ning\u00fan tipo. A min, pra estar no mundo, ch\u00e9game con ser galego.<br>E pra poder dicir esto sust\u00e9ntome no labor que tantos galegos fixeron polo mundo adiante, levando a nosa persoalidade coleutiva, o noso xenio, a nosa identidade a t\u00f3dalas partes do mundo. \u00c9 por eso que a Galicia do esterior non \u00e9 un coleutivo espatriado, forma parte da esencia e a esistencia de Galicia. O 30 de xunio do 1940 escrib\u00eda o noso presidente: \u201cHai tres d\u00edas que deixei Nova York e vou cara o Sul, ao encontro da Galiza ideal, que \u00e9 a mellor Patria que hoxe se me pode oferecer [\u2026] vou cara Bos Aires.\u201d<\/p>\n\n\n\n<p>Esa Galicia acolleu ao mellor do pa\u00eds e mantivo acesa por anos a nosa representaci\u00f3n pol\u00edtica democr\u00e1tica nos tempos da ditadura co Consello de Galicia, i esa \u00e9 a raz\u00f3n pola que temos goberno da Xunta. Na longa noite de pedra de Celso Emilio a Galicia de al\u00e9nmar mantivo acesa esa estreli\u00f1a que brila ao lonxe de Cabanillas.<\/p>\n\n\n\n<p>Galicia queda coutada, amputada, se s\u00f3 consideramos que vai de Padornelo a Fisterra. Esta convici\u00f3n temos que traducila pol\u00edticamente, temos que inserir o conceuto da pangaleguidade dese\u00f1ado polo noso presidente Xabier Gonz\u00e1lez, recentemente falecido. A Galicia do esterior non debe limitarse a ser o caladeiro de votos nas eleci\u00f3ns; t\u00e9n que ser protagonista da nosa vida pol\u00edtica en p\u00e9 de igoaldade co resto do pa\u00eds. O Partido Galeguista prop\u00f3n, xa que logo, que dese\u00f1emos instrumentos pra levar este criterio \u00e1 realidade pol\u00edtica; podemos, as\u00ed, seguir o exemplo doutros pa\u00edses que reservan pr\u00e1 coletividade do esterior un cupo de representantes nalgunhas instituci\u00f3ns, entre elas o Parlamento.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante s\u00e9culos o noso pobo mantivo heroicamente os seus sinais de identidade, empezando polo seu idioma, mesmo sen contar con ning\u00fan tipo de instrumento pol\u00edtico que o defendese. Hoxe que temos a Xunta e o Parlamento, parad\u00f3xicamente, estamos retrocedendo no uso do idioma; v\u00e9xoo cada d\u00eda na consulta, especialmente nos mozos e nos inmigrantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Miren, o devalar da lingoa non \u00e9 s\u00f3 unha custi\u00f3n de ideolox\u00edas: \u00e9 unha emerxencia nacional, que nos debe sanicar a todos por riba de adhesi\u00f3ns pol\u00edticas. Ant\u00f3n Vilar Ponte deu no cravo cando dixo \u201cA nosa lingua \u00e9 o cami\u00f1o de ouro da nosa redenci\u00f3n e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Como continuadores de Castelao, os galeguistas convoc\u00e1molos a todos vostedes a que tomen concencia da emerxencia nacional que nos est\u00e1 a estoupar diante da faciana e a que por unha vez superemos os coutos partidarios pra defender a nosa supervivencia como pobo diferenciado, porque a todos nos vai a vida nesto, a nosa e a dos nosos fillos.<\/p>\n\n\n\n<p>Como Partido Galeguista apoiamos, xa que logo, a convocatoria do Pacto pola Lingua cunha perspetiva transversal na que non debe haber r\u00e9ditos pol\u00edticos pra ningu\u00e9n, porque quen t\u00e9n que ga\u00f1ar \u00e9 o pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Con este criterio de transversalidade quero facer a nosa \u00faltima proposta: No 2007 fomos incapaces de concretar unha necesaria reforma do Estatuto. Algo de retraso levamos. Propo\u00f1emos retomar este labor dende un criterio de consenso nas prioridades. \u00bfNon \u00e9 posible identificar ouxetivos com\u00fans nesa necesaria Reforma do Estatuto? A pol\u00edtica non consiste s\u00f3 en liquidar \u00f3 contrario, sen\u00f3n en sentar na mesa dende a crara discrepancia pra construir consenso; ese \u00e9 o xeito de facer pa\u00eds. Invito aos deputados deste Parlamento a que retomen a Reforma do Estatuto; pola nosa banda os galeguistas estamos dispostos a facer a nosa contribuci\u00f3n como fixemos no 2007.<\/p>\n\n\n\n<p>O pr\u00f3usimo ano c\u00famprense 75 anos do pasamento de Castelao: O P. Galeguista vaino celebrar como Ano de Castelao e invitamos a todos a que fagan o mesmo. N\u00f3-no subiremos aos altares, n\u00f3-no beatificaremos, devolver\u00e9molo ao rente do ch\u00e1n pra iluminar a reconstruci\u00f3n e o progreso do noso pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Agardo que pra ent\u00f3n poidamos facer un acto de celebraci\u00f3n \u00e1 outura que merece Castelao: no hemiciclo deste Parlamento, pra convocar a todo o pobo galego a relanzar con afouteza o impulso vital do Consello de Galicia pra facermos xuntos pa\u00eds.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agradezo a presenza de t\u00f3dalas autoridades e persoeiros. Pra min todos vostedes son persoeiros e doulles o mesmo reco\u00f1ecemento a todos, pero perm\u00edtanme amosar o meu especial aprezo a I\u00f1aki Anasagasti, que foi voceiro do PNV no Congreso e viaxou dende lonxe pra traer a solidariedade do pobo vasco, e nesta mesma li\u00f1a aprezo a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":45,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"saved_in_kubio":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-44","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/44","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=44"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/44\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/45"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=44"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=44"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=44"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}