{"id":41,"date":"2025-07-01T12:55:05","date_gmt":"2025-07-01T12:55:05","guid":{"rendered":"https:\/\/partidogaleguista.org\/?p=41"},"modified":"2025-07-04T08:02:31","modified_gmt":"2025-07-04T08:02:31","slug":"renovacion-do-plan-xeral-de-normalizacion-da-lingua-aportacions-do-partido-galeguista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/2025\/07\/01\/renovacion-do-plan-xeral-de-normalizacion-da-lingua-aportacions-do-partido-galeguista\/","title":{"rendered":"Renovaci\u00f3n do Plan Xeral de Normalizaci\u00f3n da Lingua. Aportaci\u00f3ns do Partido Galeguista"},"content":{"rendered":"\n<p>Cando falamos de \u201cnormalizaci\u00f3n\u201d, estamos a reco\u00f1ecer que hai algo que non est\u00e1 como debera e que hai que recolocalo nunha situaci\u00f3n de normalidade.<\/p>\n\n\n\n<p>O Conselleiro, na presentaci\u00f3n do plan, dixo que o ouxetivo \u00e9 \u201cavanzar nun novo escenario para o noso idioma\u201d. Isto implica que non se trata s\u00f3 dunha mellora da situaci\u00f3n, sen\u00f3n dun novo escenario que sirva pra esa normalizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Os m\u00e9dicos axudamos a curar \u00e1s persoas con dous instrumentos b\u00e1sicos: Diagn\u00f3stico e Tratamento, pero hai un terceiro fundamental, que por veces esquencemos: a Epicrise, a reavaliaci\u00f3n constante dos resultados no paciente. Esa avaliaci\u00f3n \u00e9 a que nos indica se estamos a facer as cousas ben ou mal, e con algunha frecuencia l\u00e9vanos a reconsiderar o diagn\u00f3stico e\/ou o tratamento. As\u00ed \u00e9: podemos estar moi convencidos de que o diagn\u00f3stico foi ben artellado e o tratamento \u00e9 o m\u00e1is avanzado, pero se o paciente vai mal, ser\u00eda temerario ficar satisfeitos co noso diagn\u00f3stico e seguir co noso tratamento.<\/p>\n\n\n\n<p>Isto v\u00e9n sendo unha ilustraci\u00f3n de c\u00f3mo vemos dende o Partido Galeguista a situaci\u00f3n do galego:<\/p>\n\n\n\n<p>O paciente est\u00e1 deterior\u00e1ndose gravemente, e as sucesivas an\u00e1lises do Instituto Galego de Estat\u00edstica as\u00ed o amosan: m\u00e1is da metade da poboaci\u00f3n xa non usa o galego, e, o m\u00e1is preocupante: os mozos e nenos entre 5 e 14 anos usan s\u00f3 o galego nun 7,02%. Informaci\u00f3n semellante ofrecen os estudos do Consello da Cultura Galega e de Bernardo Penabade.<\/p>\n\n\n\n<p>Algo estamos a facer mal. \u00c9 irresponsable conformarnos con dicir que o problema \u00e9 do propio paciente, que n\u00f3s estamos a facelo ben e a culpa \u00e9 del, que non cura. Nun servizo oficial nun pa\u00eds no estranxeiro quen lles fala tivo que facer unha radiograf\u00eda de t\u00f3rax; cando foi mirala, estaba curtado medio pulm\u00f3n esquerdo; reclamou que lla repetisen, que centrasen ben o disparo, e a radiograf\u00eda volveu sa\u00edr medio curtada; d\u00edxolles ent\u00f3n que movesen o ponto de disparo un chisco \u00e1 dereita, i ent\u00f3n o que saeu curtado foi o pulm\u00f3n dereito. Xa tocaba po\u00f1erse serio e preguntar que estaba pasando, e a resposta foi moi razoable: \u201cSer\u00e1 que vostede ten algo raro\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Conformarnos con dicir que \u201cser\u00e1 que o pobo galego ten algo raro\u201d pode ser tan consolador como irresponsable.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Non pensar nas pr\u00f3usimas elecci\u00f3ns, sen\u00f3n na pr\u00f3usima xeraci\u00f3n<\/h3>\n\n\n\n<p>Pero unha das peores cousas que podemos facer co paciente \u00e9 encetar un tratamento e a medio cami\u00f1o, en troques de desenrolalo debidamente, cambiar de tratamento porque tivemos unha iluminaci\u00f3n. No noso criterio, iso \u00e9 o que se fixo co Decreto do Pluriling\u00fcismo.<\/p>\n\n\n\n<p>Ti\u00f1amos un tratamento, o Plan Xeral de Normalizaci\u00f3n da Lingua Galega, que foi aprobado por unanimidade no 2004. Cando t\u00f3dolos m\u00e9dicos por unanimidade est\u00e1n dacordo nun tratamento, algo debe de supo\u00f1er, e hai que estar moi seguros pra cuestionalo, como se fixo co Decreto do Pluriling\u00fcismo. Pero os resultados negativos est\u00e1n \u00e1 vista, e diso falaremos deseguido.<\/p>\n\n\n\n<p>Sen d\u00fabida hai raz\u00f3ns pol\u00edticas que esplican o descenso do uso do galego. No Partido Galeguista temos claro que este Grupo de Traballo debe facer propostas de iniciativas a tomar por parte do poder pol\u00edtico, e a\u00ed entraremos, pero tam\u00e9n debe entender que o labor deste Grupo \u00e9 transversal e interdisciplinar.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando dicimos que \u00e9 transversal, refer\u00edmonos a que a situaci\u00f3n \u00e9 de emerxencia nacional e require a participaci\u00f3n de todos. Temos que ser moi claros nas nosas an\u00e1lises e propostas, e as\u00ed, dende o Partido Galeguista sinalamos con franqueza que a pol\u00edtica do goberno galego dende o Decreto do Pluriling\u00fcismo leva sido pouco operativa e mesmo lesiva pra o uso do galego, e non \u00e9 unha avaliaci\u00f3n meramente pol\u00edtica, sen\u00f3n apoiada nos resultados evidentes. Pero n\u00f3-nos podemos permitir quedarnos a\u00ed, sen\u00f3n debemos comprometernos todos a reconducir a din\u00e1mica pra recuperar pra o galego o lugar que lle corresponde e, se dende o goberno galego se reco\u00f1ece que o ouxetivo \u00e9 \u201cavanzar nun novo escenario para o noso idioma\u201d, todos debemos estar dispostos a comprometernos nesa laboura. Par\u00e9cennos as\u00ed axeitadas as manifestaci\u00f3ns da Academia Galega cando apela a un marco de encontro entre as forzas pol\u00edticas pra crear unha nova estratexia, diante da situaci\u00f3n dun patrimonio com\u00fan que non admite posicionamentos de siglas ou partidos, sen\u00f3n posicionamentos integradores\u201d. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>E outra vez p\u00f3denos valer o exemplo da Medici\u00f1a: Cando varios especialistas est\u00e1n a atender a un doente i esta vai mal, non \u00e9 raro que cada especialista diga: \u201cDo meu vai todo ben, non hai nada que cambiar\u201d, e o paciente morre, pero todos contentos porque cada especialista di que do seu est\u00e1 ben. Non podemos permitirnos isto co galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo tanto, \u00e9 bo que analisemos t\u00f3dolos vectores que inciden no deterioro do uso do galego, que identifiquemos sen reviravoltas o que se fixo e se est\u00e1 a facer ben ou mal, pero cadaqu\u00e9n debe asumir a s\u00faa responsabilidade inalienable, como se a vida do paciente dependese fundamentalmente da t\u00faa actuaci\u00f3n. Debemos afrontar o devalar do galego como un problema nacional transversal, ao que ningu\u00e9n se debe sentir alleo, e debemos abordalo no con perspectiva das pr\u00f3usimas eleci\u00f3ns, sen\u00f3n da pr\u00f3usima xeraci\u00f3n. Esa \u00e9 a actitude, o xeito de estar que como Partido Galeguista asumimos e invitamos a que as\u00ed o asuma este Grupo reitor da renovaci\u00f3n do Plan Xeral de Normalizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Propostas de medidas pol\u00edticas<\/h3>\n\n\n\n<p>A nosa primeira proposta pol\u00edtica \u00e9 derrogar o Decreto de Pluriling\u00fcismo. Os cl\u00e1sicos da Medici\u00f1a dic\u00edan \u201c<em>Primum non nocere\u201d<\/em>, o primeiri\u00f1o, non fastidiala, e non imos debater moito o erro diagn\u00f3stico e terap\u00e9utico dese decreto, porque a propia evoluci\u00f3n do paciente as\u00ed o v\u00e9n demostrando.<\/p>\n\n\n\n<p>O miolo dese decreto foi considerar que o galego est\u00e1 en igualdade de condici\u00f3ns e que debemos deixar o galego e o castel\u00e1n en libre competencia, e todo isto nun entorno de xustificaci\u00f3n xeral de evitar a imposici\u00f3n e deixar liberdade; enc\u00e1ntanos a todos a liberdade de decisi\u00f3n, pero non hai liberdade de decisi\u00f3n se os intervintes non est\u00e1n en igualdade de condici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Este decreto di no seu limiar: \u201cO Decreto 124\/2007, do 28 de xu\u00f1o, orientouse nomeadamente cara \u00e1 obtenci\u00f3n dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecemento dun n\u00famero ou porcentaxe m\u00ednima de materias impartidas en lingua castel\u00e1, o cal poder\u00eda chegar a cambiar o modelo de conxunci\u00f3n de linguas desenvolvido en Galicia desde o inicio da autonom\u00eda e aceptado por todos os galegos e galegas.\u201d V\u00e9n dicir que o castel\u00e1n non ten garantida a s\u00faa igualdade de condici\u00f3ns en Galicia, e que hai que garantirlla e pra iso hai que deixar en libre competencia \u00f3 galego e \u00f3 espa\u00f1ol. Isto acomp\u00e1\u00f1ase doutras medidas como a eliminaci\u00f3n da obrigatoriedade do galego polo persoal interino.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, estabelece que \u201cna etapa de educaci\u00f3n infantil, o profesorado usar\u00e1 na aula a lingua materna predominante entre o alumnado\u201d. Se nos limitamos a aplicar esta medida, tendo en conta a pendente en ca\u00edda ceibe do galego entre os m\u00e1is pequenos, estaremos reforzando a\u00ednda m\u00e1is esa pendente; entraremos nun ciclo retroalimentador que levar\u00e1 \u00e1 desaparici\u00f3n do galego nun par de xeraci\u00f3ns. Se queremos recuperar o galego, temos que estabelecer medidas proactivas de promoci\u00f3n positiva, non conformarnos con que cadaqu\u00e9n use na escola o idioma maioritario na s\u00faa contorna.<\/p>\n\n\n\n<p>Semella que se est\u00e1 a ser moi coidadoso na protecci\u00f3n do espa\u00f1ol, no vaia ser que se vexa discriminado, mentres vai esmorecendo a presenza do galego; \u00f3 galego d\u00e9ixaselle que sobreviva \u201cen igualdade de condici\u00f3ns\u201d, cando hai d\u00e9cadas que non est\u00e1 en igualdade de condici\u00f3ns. \u00c9 como se un paciente con pneumon\u00eda est\u00e1 a recibir antibi\u00f3tico e denantes de que cure, dec\u00eddese: \u201cImos retirarlle o antibi\u00f3tico e darlle liberdade pra que se defenda de por si\u201d. Sup\u00f3n un grave erro pol\u00edtico e unha irresponsabilidade. E a evoluci\u00f3n do paciente as\u00ed o est\u00e1 demostrando: Hai un devalar mantido no uso do galego, pero nas xeraci\u00f3ns novas apr\u00e9ciase unha m\u00e1is fonda inflesi\u00f3n dende a promulgaci\u00f3n deste decreto. Non se debe porfiar, hai que retirar o que est\u00e1 deteriorando \u00f3 paciente; insistir teimudamente en que \u00e9 un bo tratamento, cando ves os resultados negativos, \u00e9 irresponsable e temerario e non leva a ningures.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Non neutralidade, sen\u00f3n promoci\u00f3n proactiva<\/h3>\n\n\n\n<p>Na promoci\u00f3n do galego non procede unha posici\u00f3n de neutralidade: En primeiro lugar, porque \u00e9 o noso idioma, o que define a nosa identidade nacional. &nbsp;O idioma define o noso xeito de ver o mundo, de apreixalo, e \u00fan non apreixa o mundo dende varios c\u00f3digos diferentes, sen\u00f3n dende o c\u00f3digo propio; eu falo varios idiomas e levo visitado t\u00f3dolos continentes, pero t\u00f3dalas culturas as percibo atraveso da mi\u00f1a cosmovisi\u00f3n, do c\u00f3digo de interpretaci\u00f3n que levo asentado no meu caletre e no meu coraz\u00f3n, i ese c\u00f3digo \u00e9 o galego, non son o galego, o ingl\u00e9s, o grego, o catal\u00e1n ou o espa\u00f1ol por igual, porque me achego a todos eles dende o meu galego; entendo o mundo en galego e podo dende a\u00ed comprender o xeito de aprousimarse a el dende o ingl\u00e9s, o catal\u00e1n ou o espa\u00f1ol.<\/p>\n\n\n\n<p>En segundo lugar, non procede unha posici\u00f3n de neutralidade como a que sinala o Decreto de Pluriling\u00fcismo porque non est\u00e1 ameazado de desaparici\u00f3n en Galicia o espa\u00f1ol, sen\u00f3n o galego. O miolo da acci\u00f3n pol\u00edtica \u00e9 a fixaci\u00f3n de prioridades, e a prioridade neste momento non \u00e9 a libre concorrencia de idiomas, que est\u00e1 moi ben cando todos est\u00e1n en p\u00e9 de igualdade; a prioridade dende hai varias d\u00e9cadas \u00e9 a supervivencia do galego.<\/p>\n\n\n\n<p>A seguinte medida \u00e9 retornar \u00f3 consenso, \u00e1 unanimidade que se xerou no Plan Xeral de Normalizaci\u00f3n do 2004, e desenrolalo consonte ca realidade presente e a que se albisca.<\/p>\n\n\n\n<p>E a seguinte \u00e9 po\u00f1er a normalizaci\u00f3n do galego no lugar xer\u00e1rquico que lle corresponde, e todos debemos concordar en que lle corresponde un lugar de m\u00e1xima xerarqu\u00eda, porque se trata da nosa esencia, do cerne da nosa identidade. E, traducido a medidas pol\u00edticas, as prioridades en pol\u00edtica sin\u00e1lanse non con brindis \u00f3 sol, sen\u00f3n con orzamentos. Hai que po\u00f1er no seu sitio as partidas orzamentarias e incrementalas si\u00f1ificativamente pra este ouxetivo fundamental compartido.<\/p>\n\n\n\n<p>O propio informe do Consello de Europa de hai uns meses reclama unha maior promoci\u00f3n do ensino en galego como lingua vehicular, incorporando as crases neste idioma tam\u00e9n en materias do entorno da ciencia dende o ensino b\u00e1sico at\u00e9 a universidade.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Unha angueira transversal<\/h3>\n\n\n\n<p>Pero non debemos limitar o problema \u00f3 ensino; as\u00ed, o Consello de Europa reclama axeitadamente a normalizaci\u00f3n do uso do galego na contorna da atenci\u00f3n sanitaria, a administraci\u00f3n do estado en Galicia e os xulgados.<\/p>\n\n\n\n<p>A recuperaci\u00f3n do galego debe ser unha angueira transversal en varios sensos:<\/p>\n\n\n\n<p>No senso dunha participaci\u00f3n de t\u00f3dalas forzas pol\u00edticas parlamentarias i extraparlamentarias, superando balados ideol\u00f3xicos, porque non se trata de ga\u00f1ar unhas elecci\u00f3ns, sen\u00f3n de ga\u00f1ar un pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero tam\u00e9n no senso dunha acci\u00f3n multisdisciplinar, que non se limite \u00f3 ensino, a\u00ednda que esta \u00e1rea sexa fundamental. O noso compa\u00f1eiro Afonso V\u00e1zquez Monxard\u00edn espr\u00e9sao moi graficamente: precisamos m\u00e1is <em>influencers<\/em> ca ling\u00fcistas.<\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dun problema integral que require unha abordaxe integral, que leve a:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>unha estensi\u00f3n do uso do galego<\/li>\n\n\n\n<li>un incremento do prestixio social do galego<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>Este grupo de traballo que vos dirixides dese\u00f1ou axeitadamente, no noso parecer, unha serie ampla de comisi\u00f3ns que non se limitan \u00f3 ensino. Non imos desenvolver as nosas propostas pra cada unha delas, pero destacamos tres porque entendemos que son definitivamente estrat\u00e9xicas: As redes sociais, o mundo empresarial e profesional e a inmigraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">As Redes Sociais<\/h3>\n\n\n\n<p>T\u00f3dolos mozos que temos consultado ind\u00edcannos que os mozos cada vez len menos e as s\u00faas comunicaci\u00f3ns e recollida de informaci\u00f3n desenv\u00f3lvenas nas redes sociais. Est\u00e1n afeitos \u00e1 rapidez e ao ef\u00e9mero; e son gregarios; x\u00fantanse por tribos e atenden maiormente aos da s\u00faa.<\/p>\n\n\n\n<p>Animamos a este Grupo de Traballo a que desenrole un programa espec\u00edfico nas Redes Sociais, pero empregando non tanto mensaxes de promoci\u00f3n do galego, sen\u00f3n promocionando que as mensaxes de todo tipo, de t\u00f3dalas \u00e1reas, se transmitan en galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Entendemos as\u00ed que un ouxetivo fundamental ser\u00eda conseguir que <em>influencers<\/em> falen do bo que \u00e9 falar galego, e temos alg\u00fans exemplos xa, pero sobre todo debemos traballar pra conseguir que <em>influencers<\/em> falen dos temas que tratan habitualmente, e que o fagan en galego. Debemos promover a aparici\u00f3n de creadores de contido de todo tipo, que o presenten en galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Temos que facer as\u00ed o galego atractivo e cercano; esa cordialidade ling\u00fc\u00edstica da que fala o presidente da Xunta cons\u00e9guese non pola recolocaci\u00f3n do espa\u00f1ol na escola, sen\u00f3n pola estensi\u00f3n da presenza de contido de todo tipo en galego.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">O mundo empresarial e profesional<\/h3>\n\n\n\n<p>Nesta \u00e1rea a \u00e9nfase debe ser a do incremento do prestixio do galego. Temos que conseguir a complicidade da sociedade civil, e o entorno empresarial e profesional \u00e9 fundamental pra esta angueira.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai que facerlles ver aos empresarios e aos profesionais que comunicarse en galego \u00e9 \u00fatil e mellora a interacci\u00f3n cos clientes. Os m\u00e9dicos seguen a ser un grupo con ascendente social, e que un paciente escoite \u00f3 seu m\u00e9dico falar en galego out\u00f3rgalle un plus de prestixio ao idioma. Pero ademais, os s\u00edntomas transm\u00edtense mellor en galego, e recomendamos neste senso lembrar o limiar de Garc\u00eda Sabell \u00e1 \u201cEscola de Menci\u00f1eiros\u201d de \u00c1lvaro Cunqueiro.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta li\u00f1a de normalizaci\u00f3n do galego debe facerse, nefeuto, de xeito cordial, non impositivo, pero non dende a neutralidade, sen\u00f3n dende a discriminaci\u00f3n positiva, dende a promoci\u00f3n proactiva. Dende o goberno p\u00f3dese facer moito por promover o uso do galego neste entorno; po\u00f1emos dous exemplos:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>a promoci\u00f3n e as axudas con subvenci\u00f3ns \u00e1 publicidade en galego<\/li>\n\n\n\n<li>a recuperaci\u00f3n do programa de promoci\u00f3n do verbario galego espec\u00edfico das diferentes profesi\u00f3ns.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Inmigraci\u00f3n<\/h3>\n\n\n\n<p>O incremento da poboaci\u00f3n inmigrante pode ser unha das raz\u00f3ns do retroceso do galego. Pero se \u00e9 as\u00ed, significa que estamos fracasando no labor de prestixiar e darlle utilidade ao galego tam\u00e9n neste grupo de persoas.<\/p>\n\n\n\n<p>Bernardo Penabade leva tempo desenvolvendo un programa moi interesante con inmigrantes, que nos resumir\u00e1 agora.<\/p>\n\n\n\n<p>Eu mesmo te\u00f1o un programa dese\u00f1ado pra o colectivo latinoamericano, con varias li\u00f1as de traballo, que presentarei, se este grupo de direcci\u00f3n o considera oportuno, na Comisi\u00f3n correspondente que se ocupa de Inmigraci\u00f3n e Relixi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A posici\u00f3n xeral do Partido Galeguista \u00e9 que os ouxetivos deste programa ultrapasan as posici\u00f3ns ideol\u00f3xicas; son unha cuesti\u00f3n de identidade nacional e orgullo propio. D\u00e9bennos convocar a todos. E todos debemos estar \u00e1 altura. Pola nosa banda, estamos ao voso dispor.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando falamos de \u201cnormalizaci\u00f3n\u201d, estamos a reco\u00f1ecer que hai algo que non est\u00e1 como debera e que hai que recolocalo nunha situaci\u00f3n de normalidade. O Conselleiro, na presentaci\u00f3n do plan, dixo que o ouxetivo \u00e9 \u201cavanzar nun novo escenario para o noso idioma\u201d. Isto implica que non se trata s\u00f3 dunha mellora da situaci\u00f3n, sen\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":42,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"saved_in_kubio":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-41","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=41"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/42"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=41"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=41"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=41"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}