{"id":35,"date":"2025-07-01T12:50:12","date_gmt":"2025-07-01T12:50:12","guid":{"rendered":"https:\/\/partidogaleguista.org\/?p=35"},"modified":"2025-07-04T08:01:05","modified_gmt":"2025-07-04T08:01:05","slug":"castelao-e-a-disxuntiva-do-pp","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/2025\/07\/01\/castelao-e-a-disxuntiva-do-pp\/","title":{"rendered":"Castelao e a disxuntiva do PP"},"content":{"rendered":"\n<p>\u201cSe non fose por Castelao, eu non ser\u00eda presidente de Galicia\u201d. Quen as\u00ed falaba, non era un presidente nacionalista, sen\u00f3n o Sr. Feij\u00f3o nun acto de reco\u00f1ecemento a Castelao organizado polo Partido Galeguista hai tres anos. E continuou: \u201cE se non houbesen asasinado a Alexandre B\u00f3veda, a historia de Galicia ser\u00eda diferente\u201d. Nese acto eu acababa de concitar a todos a reco\u00f1ecer con naturalidade a verdade da nosa propia historia, da que formaba parte sobranceira Castelao.<\/p>\n\n\n\n<p>O Sr. Rueda v\u00e9n de presentar outra posici\u00f3n no PP: pra el, Castelao non foi o primeiro presidente democr\u00e1tico de Galicia. Ning\u00fan militante do PP vasco ou catal\u00e1n se atrever\u00eda a dicir o mesmo de Leizaola ou de Tarradellas, ning\u00fan, porque xa non se trata dun debate ideol\u00f3xico, sen\u00f3n da sinxela asunci\u00f3n da historia do pa\u00eds, e sinaladamente do seu decurso democr\u00e1tico preservado no exilio.<\/p>\n\n\n\n<p>O Sr. Rueda non est\u00e1 a sentenciar sobre a historia de Galicia, est\u00e1 a decidir a historia do seu partido. O PP est\u00e1 na disxuntiva de escoller que identidade decide pra si, porque as d\u00faas p\u00f3las est\u00e1n a\u00ed dende hai tempo: a que recolleu o Sr. Feij\u00f3o e defenden alg\u00fans persoeiros e non poucos alcaldes do PP, que asumen a historia democr\u00e1tica de Galicia dende Castelao, ou a do Sr. Rueda.<\/p>\n\n\n\n<p>A esta segunda non lle fallan antecedentes. Poucos lembran as fondas reticencias do Sr. Fraga Iribarne co t\u00edduo VIII da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola, \u201ccheo de riscos pra o futuro\u201d nas s\u00faas palabras. Iso non lle impediu postularse anos despois pra presidente da Xunta de Galicia, a entidade xermolada na cabeza e o coraz\u00f3n dos pr\u00f3ceres da democracia e o autogoberno galegos, Castelao e B\u00f3veda.<\/p>\n\n\n\n<p>O PP est\u00e1 en todo o seu dereito de elixir responsablemente unha das d\u00faas posici\u00f3ns, pero o que dende logo non poder\u00e1, se segue a do Sr. Rueda, \u00e9 ir pola vida de galeguista. Ser galeguista non \u00e9 un slogan pra ga\u00f1ar votos: \u00e9 un xeito de estar no mundo e na pol\u00edtica, comprometido por riba de todo e sen concesi\u00f3ns con Galicia e ca s\u00faa historia. Nesa historia, non hai d\u00fabida, Castelao foi o seu primeiro presidente democr\u00e1tico, nun tempo no que a representaci\u00f3n democr\u00e1tica de Galicia fora arrasada pola ditadura e se manti\u00f1a preservada no exilio da Galicia do Al\u00e9n-mar. Renegar da historia do pa\u00eds \u00e9 po\u00f1erse f\u00f3ra dela e incapacitarse pra transformala. Por; D. Xes\u00fas Manuel Su\u00e1rez Garc\u00eda<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cSe non fose por Castelao, eu non ser\u00eda presidente de Galicia\u201d. Quen as\u00ed falaba, non era un presidente nacionalista, sen\u00f3n o Sr. Feij\u00f3o nun acto de reco\u00f1ecemento a Castelao organizado polo Partido Galeguista hai tres anos. E continuou: \u201cE se non houbesen asasinado a Alexandre B\u00f3veda, a historia de Galicia ser\u00eda diferente\u201d. Nese acto eu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":36,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"saved_in_kubio":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-35","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=35"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/36"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=35"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=35"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/partidogaleguista.org\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=35"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}